A CIG denuncia que non se cubren as vacacións de enfermaría na Atención Primaria da Coruña

A xerencia asegura que "se está traballando" niso e apunta a un "problema" de profesionais

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/06/2022 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

CIG-Saúde denunciou que a xerencia da área sanitaria da Coruña-Cee "non previu contratar profesionais de enfermaría para a substitución das vacacións na Atención Primaria", mentres que desde esta se afirma que "se está traballando para tentar cubrir as vacacións" destes profesionais.

O sindicato afirma que a Consellería de Sanidade "está a dar un paso máis para esmagar a Atención Primaria, que non pode superar o colapso provocado pola pandemia porque a súa deterioración é crónica e anterior á emerxencia da covid-19". "Unha deterioración da Atención Primaria marcada polas demoras crecentes no acceso á atención sanitaria, o déficit e a sobrecarga da medicina de familia, a incapacidade do Sergas de reter e atraer profesionais ou a política de non substitución de profesionais", expón.

Neste sentido, María Seijo, delegada de CIG-Saúde, sostén que a atención sanitaria nos centros de Atención Primaria "está a manterse só pola vontade e o compromiso das e dos profesionais" e engade que, de non contratarse profesionais de enfermaría para a substitución das vacacións, poneráselles nunha situación "límite". Por iso, pide que se manteña a dotación, "xa de por si precaria", de persoal.

RESPOSTA DA XERENCIA

Desde a xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee e, en concreto, desde a dirección de enfermaría, consultadas por Europa Press, manifestaron que "se está traballando para tentar cubrir as vacacións dos profesionais no período elixido, ao mesmo tempo que procuramos conciliar as necesidades de descanso dos traballadores coa asistencia sanitaria de calidade".

"Neste momento estase terminando a organización das vacacións de verán, cun nivel de autorización das vacacións pedidas de case o 100%". En relación aos días de libre disposición e permisos semellantes, engade que "se está traballando para poder autorizar todos os días que se piden, empregando todas as medidas de xestión ao alcance da xerencia".

"A pesar de que non hai xente nas listas de contratación, está a facerse todo o posible". "O principal problema é a falta de profesionais para poder contratar, pois os que que estaban nas listas de contratación, maioritariamente xa está contratada e traballando", apunta. Tamén asegura que o obxectivo é "conxugar o dereito ás vacacións de todos os profesionais co dereito a unha atención sanitaria de calidade".

Centro de saúde de Galicia na xornada de folga do 19 de xuño de 2019.. REMITIDA - Arquivo
Centro de saúde de Galicia na xornada de folga do 19 de xuño de 2019.. REMITIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta