Atopan nunha cuneta ao septuaxenario que desaparecera nun monte en Marín

O home estaba consciente e con algunhas mazaduras.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/06/2022 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

O operativo de procura posto en marcha durante na madrugada deste martes para localizar a un septuaxenario desaparecido en Marín finalizou co home localizado con vida nunha cuneta, na PO-313, na estrada que une as localidades de Marín e Moaña.

Así o informou o 112 Galicia, que sinalou que un membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade foi quen, sobre as 10,40 horas, contactou para informar que o atoparan e que estaba consciente e con algunhas mazaduras.

A Garda Civil nun proceso de busca
A Garda Civil nun proceso de busca | Fonte: GARDA CIVIL

Efectivos dos corpos de seguridade e de emerxencias buscaban desde a noite pasada a este home. O 112 Galicia tivo constancia da desaparición sobre as 1,00 horas deste martes cando axentes da Policía Nacional comunicaron ao servizo de emerxencias que se atopaban na procura dun home que se perdeu no monte, nun camiño de terra.

Despois de contactar co 112 Galicia, o home indicou aos xestores de emerxencias que saíra do Seixocara ao cemiterio, tomara un atallo para volver a casa, pero non sabía onde se atopaba.

Á primeira hora da mañá deste martes, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade comunicaron ao 112 Galicia que tanto eles como axentes de policía, continuaban a procura do home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta