Éxito de participación nas 'IV Xornadas de Novela Negra de Verín'

Un total de 1190 persoas participaron nas actividades programadas pola Biblioteca Municipal de Verín. Desde a organización valoran os datos de asistencia como "rotundo éxito", e sinalan que é un claro indicativo de que este evento "está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila".

Por Galicia Confidencial | Verín | 09/06/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, referiuse a estes bos resultados de asistencia e sinalou que as xornadas literarias "son xa un dos máximos referentes da completa axenda cultural verinesa".

IV Xornadas de Novela Negra (2022). Foto: Concello de Verín
IV Xornadas de Novela Negra (2022). Foto: Concello de Verín

Pola súa banda, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, agradeceu o traballo da Biblioteca Municipal de Verín e quixo lembrar que para o grupo de goberno municipal a cultura foi --desde un primeiro momento-- unha actividade fundamental para o desenvolvemento económico da vila. Neste senso dixo tamén que están recuperando eventos suspendidos ao longo da pandemia. 

Dende a dirección da Biblioteca Municipal, entidade responsable organización, valoraron moi positivamente a participación e agradeceron o esforzo e apoio mostrado por todos os seus colaboradores e patrocinadores, así como o de todas os autores e expertos que participaron nesta edición das xornadas.

IV XORNADAS DE NOVELA NEGRA

Baixo o título “Personaxes de novela”, o principal  obxectivo do encontro deste ano foi achegar ao público aspectos moito menos coñecidos da novela negra nos que se combina o mundo de ficción e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario.

Esta IV edición das xornadas estivo coordinada polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e presentadas polos voluntarios da Biblioteca, Lorena Carnero e Daniel Carnero. Do evento e do programa completo das xornadas deu puntual conta o Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta