Protesta do persoal de Celsa Atlantic na Coruña contra as "manobras especulativas" de acredores e fondos

Os empregados cren que os fondos e acredores de Celsa Atlantic "manobran" con fins "especulativos" coa compañía e "bloquean" a saída á situación ao ter como "único obxectivo" a obtención "do máximo rendemento a risco do futuro laboral e industrial" das plantas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Traballadores da planta de Celsa Atlantic no municipio coruñés da Laracha concentráronse este venres na Coruña para protestar contra as "manobras especulativas" dos acredores e fondos, aos que acusan de "bloquear" unha saída a situación de problemas de débeda que atravesa a empresa.

Decenas de empregados da factoría de Celsa na Laracha secundaron a mobilización promovida polo comité de empresa e que se desenvolveu noutros puntos do Estado para reivindicar o modelo industrial e a rendibilidade da planta.

A concentración tivo lugar na Avenida Linares Rivas e nela coreáronse cánticos contra o Deustche Bank, dono maioritario da compañía e ao que os traballadores ven como "o maior atranco" para alcanzar un acordo de restructuración da débeda que dea viabilidade ás factorías da empresa no Estado.

Os empregados cren que os fondos e acredores de Celsa Atlantic "manobran" con fins "especulativos" coa compañía e "bloquean" a saída á situación ao ter como "único obxectivo" a obtención "do máximo rendemento a risco do futuro laboral e industrial" das plantas.

Censuran que estas "manobras" estean a dificultar o acceso a financiamento público a través da SEPI, polo que instan a "todas as partes" a negociar unha saída á situación para evitar "que acredores poñan en risco a viabilidade do grupo".

En definitiva, piden axuntar esforzos porque "está en xogo un desastre laboral e industrial" pola ausencia de "saídas" a un problema que fían ao desenvolvemento dun modelo industrial "sustentable" que conten cun financiamento "máis estable, sen sobresaltos de face ao futuro".

Traballadores de Celsa Atlantic protestan na Coruña. COMITÉ EMPRESA CELSA ATLANTIC
Traballadores de Celsa Atlantic protestan na Coruña. COMITÉ EMPRESA CELSA ATLANTIC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta