Camilo Nogueira reivindica a súa "batalla" por Galicia logo de agradecer a concesión da Medalla Castelao

Nogueira é recoñecido pola súa traxectoria como un "dos pais" do Estatuto de Autonomía e polo seu labor, entre outras, como eurodeputado, en cuxa práctica eran coñecidas as súas intervencións en portugués como uso da lingua máis próxima ao galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O político Camilo Nogueira, militante da esquerda e o galeguismo e membro do nacionalismo desde os anos 90, será un dos condecorados coa Medalla Castelao 2022 por parte do Goberno da Xunta, presidido polo popular Alfonso Rueda.

"Paréceme ben, se unha persoa, desde a súa oposición política, toma unha decisión deste tipo, hai que agradecelo. E estou contento de que fixese isto", manifestou en declaracións a Europa Press, nas que reivindicou a súa "batalla" na defensa de Galicia.

Así, e tras asegurar que recibiu multitude de mensaxes de felicitación --algúns pola rúa durante a conversación con Europa Press--, Camilo Nogueira rexeita facer calquera outro tipo de lectura política. "Non teño nada que dicir, todo o contrario", manifestou.

Nogueira é recoñecido pola súa traxectoria como un "dos pais" do Estatuto de Autonomía e polo seu labor, entre outras, como eurodeputado, en cuxa práctica eran coñecidas as súas intervencións en portugués como uso da lingua máis próxima ao galego.

En declaracións a Europa Press, Nogueira quixo engadir unha reivindicación da súa "batalla, mesmo en momentos con dificultades" a favor de Galicia, xunto con outras persoas, e remarcou que o nacionalismo "está nunha situación moi oportuna, porque pode gobernar Galicia, democraticamente e traballando".

"A idea de que poidamos gobernar Galicia está aí e en todo caso, sempre baseei toda a miña defensa, con dificultades, que Galicia podía ter un goberno propio", sentenciou.

Camilo Nogueira/ Xerais / Europa Press
Camilo Nogueira/ Xerais / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta