Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/08/2014 | Actualizada ás 17:03
Á longa folga do lixo que vive o Concello de Lugo ten, agora, un novo protagonista. Ademais, da empresa, os traballadores e o consistorio, agora tamén se suman os veciños da cidade que anunciaron que, serán eles mesmos, os que procedan a limpeza das rúas da cidade ante o estancamento das negociacións.
Así o anunciou o vicepresidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, José Manuel Carballo. "É posible que non quede outro remedio que facer patrullas con escobas, con cubos e con sacos para recoller o lixo. Non sabemos onde a imos a depositar, pero polo menos saíremos á rúa para arrombar a cidade", suliñou.
Os veciños, ou grupos deles, que comezarán esta particular limpeza a vindeira semana, saíron en defensa do alcalde, Xosé Clemente López Orozco. Así, acusaron á dirección de Urbaser de "atacar" ao rexedor e de evitar negociar”.
De feito, apuntaron indirectamente ao Partido Popular de estar detrás de decisión inmobilista da empresa. “Noutros lugares negociouse, como en Santiago ou Madrid, aínda que aí con gobernos do Partido Popular", suliñou Carballo. "Aquí hai un interese claro por parte da empresa de non negociar. Lugo non ten alcaldía do PP e quizá non lles interese", advertiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.