A Xunta reivindica o potencial galego no sector forestal nunha visita a Altri en Portugal

O grupo empresarial é promotor dun proxecto de aproveitamento de fibras téxtiles a partir de madeira que planea instalar en Palas de Rei.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reivindicou o potencial de Galicia no aproveitamento do sector forestal durante unha visita a unha das instalacións en Portugal do grupo Altri, promotor dun proxecto de aproveitamento de fibras téxtiles a partir de madeira que planea instalar en Palas de Rei.

O mandatario autonómico coñeceu os viveiros dle Furadouro, que se sitúan na localidade portuguesa de Olho Marinho, a uns 90 quilómetros de Lisboa, onde se producen sete millóns de plantas ao ano. Diso informou este sábado o Goberno galego, cuxo responsable de Medio Rural incidiu na importancia do sector forestal na economía galega, á vez que valorou a "oportunidade" que representa o proxecto de Altri na provincia de Lugo.

Así as cousas, defendeu a necesidade de apostar pola "multifuncionalidade" do monte galego e, en concreto, da madeira para o seu aproveitamento en distintos ámbitos produtivos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, visita as instalacións de Altri en Portugal. XUNTA
O conselleiro do Medio Rural, José González, visita as instalacións de Altri en Portugal. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta