‘Cantares gallegos’ tamén se traduce ao búlgaro

A edición está realizada pola poeta búlgara Tsvetanka Elenkova, responsable tamén de ‘A poesía completa’ de Lois Pereiro, na editorial inglesa Small Stations Press.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/08/2014 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Inglés, francés, italiano, alemán e, agora, tamén en Bulgaro. A editorial inglesa Small Stations Press vén de publicar en búlgaro ‘Cantares gallegos’, o poemario de Rosalía de Castro que marca o inicio do  Rexurdimento galego. 

Os únicos versos manuscritos pola propia Rosalía que se conservan de “Cantares Gallegos”.
Os únicos versos manuscritos pola propia Rosalía que se conservan de “Cantares Gallegos”.

Con esta nova tradución, esta obra de Rosalía é unha das máis traducidas da historia da literatura galega. A obra foi traducida pola poeta búlgara Tsvetanka Elenkova, responsable tamén de ‘A poesía completa’ de Lois Pereiro. Ademais, entre outros autores, traduciu a Raymond Carver e Fiona Sampson do inglés, e editou dúas escolmas da poesía búlgara contemporánea, unha para o mercado anglosaxón, ‘At the End of the World: Contemporary Poetry from Bulgaria’ (tradución de Jonathan Dunne), e outra para a revista serbia Polja. É coñecida poeta en Bulgaria, con catro poemarios (dous traducidos ao inglés tamén por Dunne, ‘The Seventh Gesture’ e ‘Crookedness’) e dous libros de ensaios. Os seus poemas aparecen no último número da revista Luzes.

Small Stations é unha editorial inglesa, liderada polo galicianista Jonathan Dunne e pola propia Tsvetanka Elenkova, que ten publicado múltiples obras galegas de escritores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas, Elena Gallego, Agustín Fernández Paz ou Lois Pereiro, entre outros.  A mesma casa sacou do prelo o ano pasado este mesmo libro en inglés, verquido pola poeta canadiana Erín Moure. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xela

É incríbele que a nosa cultura seña ademirada en cada recuncho do mundo e inda haxa xente na nosa propria terra que a despreza e mesmo non apouviga na loita por destruíla.