Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/08/2014 | Actualizada ás 12:00
O grupo navarro Soziedad Alkóhólica, un dos principais referentes do hardcore no Estado, actuará hoxe as 10:30 na Praza de España no marco das Festas da Peregrina de Pontevedra.
A veterana banda leva lustros esquivando os boicots dalgúns colectivos de vítimas do terrorismo e de asociacións policiais. Nalgunhas das súas letras, S.A. é moi crítico, entre outras cousas, coas forzas de seguridade. Con todo, o grupo sempre saíu indemne cando alguén os levou aos tribunais acusándoos de enaltecemento do terrorismo de ETA.
Malia isto, varias organizacións policiais -entre elas o sindicato máis numeroso, o SUP- pediron publicamente que o Concello suspendese a contratación de Soziedad Alkóholica. Mesmo chegaron a presentar a súa petición oficialmente no Concello, logrando achegar unhas 200 sinaturas no rexistro.
O municipio, gobernado polo BNG, non cedeu a presión, argumentando que S.A. actúa legalmente en todo o Estado, mesmo en concellos gobernados polo PP. A concelleira de festas, Carme da Silva, cualificou de "provocación" a actitude dos boicoteadores e animou aos veciños a vivir con normalidade as festas.
Velaquí un dos temas máis criticados de S.A.:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.