Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/06/2022 | Actualizada ás 18:16
Os alcaldes socialistas da comarca de Costa da Morte reclamaron este martes á Xunta que atenda a súa petición de crear un ciclo de Formación Profesional (FP) de Restauración e Hostalaría "para dar resposta á demanda do sector turístico".
"A Xunta nega unha formación moi necesaria para dar resposta ás demandas das empresas do sector, que queren un turismo de calidade pero necesitan profesionais", indicou o secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández, quen lamentou que o Executivo galego esixa aos concellos que invistan recursos en centros que non son da súa titularidade, "cando non é unha competencia municipal".
Por iso, o PSOE presentará varias iniciativas no Parlamento de Galicia para que a Consellería de Educación atenda a súa solicitude, xa que ata agora a rexeitou ao considerar que non hai demanda.
"A cohesión territorial é fundamental para os mozos de comarcas como esta, pero a Xunta non cumpre dándolle oportunidades para que se formen, xa que os fondos estatais si os reciben", critican.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.