Meteogalicia estrea aplicación para consultar o tempo por concellos

Meteogalicia estrea ferramenta coa que os cidadáns poderán consultar a información de predición e das redes de observación para un horizonte de ata 10 días, a través dos seus dispositivos móbiles.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/08/2014 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Tal e como explicou Ferreiro Fernández, dende a sección Observación tamén se pode acceder ás imaxes en tempo real do radar de Meteogalicia e do satélite Meteosat, así como visualizar vídeos das últimas horas destes dous servizos. Trátase dunha aplicación gratuíta dispoñible para dispositivos Android e iOS, tanto para smartphone como tablets e estase a deseñar unha versión para os usuarios de Windows phone e BlacberryOS, sinalou Pablo Ferreiro.

A conselleira Vázquez na presentación da app de Meteogalicia
A conselleira Vázquez na presentación da app de Meteogalicia

Tamén se está a traballar para que as próximas versións se poida acceder a datos en tempo real das estacións meteorolóxicas de calidade do aire e das boias oceanográficas da Xunta, que aportan información sobre as mareas, así como aos avisos meteorolóxicos por concellos. “Unha información de alta importancia non só para os alcaldes senón tamén para os cidadáns en caso de temporais ou adversos meteorolóxicos, como os rexistrados durante o inverno pasado, aclarou a conselleira.

Vázquez Mourelle engadiu que a aplicación Meteogalicia nace coa intención de trasladar aos dispositivos móbiles toda a información de predición e das redes de observación de Meteogalicia, xa que nos últimos anos un importante segmento da poboación accede a internet a través dos seus móbiles.

A previsión da Xunta é que esta aplicación sexa un referente para a consulta da información meteorolóxica, tal e como o é a páxina web de Meteogalicia, que segue a ser unha das páxinas máis visitadas en Galicia. Segundo os datos de uso e impacto que contabiliza Meteogalicia nos sete primeiros meses do ano o número de visitan situouse nos 31 millóns, e no pasado ano situouse nos 51 millóns de visitas, co que se superou en 11 millóns os datos rexistrados en 2012.

Informe de xullo

Grazas á paxina web tamén se poden consultar os informes climatolóxicos, como é o caso do informe do mes de xullo, que se caracterizou por ser húmido con temperaturas normais, e cun contraste entre o litoral das provincias de Coruña e Lugo e sur da Comunidade.

En relación coas precipitacións, en xeral o mes queda caracterizado como húmido, pero non tanto pola presenza de moitos días de chuvia, como polo feito de que houbo dous sistemas frontais moi activos os días 6 e 18, cos que se rexistrou máis chuvia da normal nun mes de xullo. Os valores máis altos acadáronse nas comarcas do Barbanza e Caldas, chegando a rexistrarse ata 159 L/m2 na estación de Xesteiras en Cuntis; mentres que os máis baixos no leste da comarca do Valdeorras e nas localidades de Antas de Ulla e Taboada, entorno aos 15 L/m2.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Melco

Muy útil esta app aunque las personas mayores quizá no puedan usarla... Como diría mi madre, con mal tiempo se les mojarán las toallas

1 eusi

E este era un dos serviços que a espanholeirada resesa nos queriam proibir por estar duplicado e ser um gasto supérfluo para o país... Por certo senhor jornalista: estas estacions poden "aportar" datos sobre as mareas... como comparaçom poderia valer, embora o verbo ajeitado é ACHEGAR