Rueda matiza: "Os problemas da sanidade son os de antes que tamén hai agora"

Tras dicir que no bipartito tamén había problemas coa sanidade, destaca agora que, "o máis importante é tomar medidas canto antes" para evitar problemas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/06/2022 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A sanidade segue sendo un dos principais problemas, senon o máis importante, do Goberno galego. Tras a dimisión do xefe de Atención Primaria do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), o último episodio dunha longa lista de críticas e dimimisións na sanidade pública galega, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu, que, efectivamente, "hai problemas na sanidade pública".

O presidente dá Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello do 9 de xuño de 2022.. XUNTA
O presidente dá Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello do 9 de xuño de 2022.. XUNTA

Un pequeno "mea culpa" que herda do Goberno Feijóo pero que supón un quebracabezas para Rueda nos seus primeiros meses de goberno. De feito, o presidente galego tivo que matizar as declaracións realizadas hai uns días asegurando que durante o bipartito, hai case 15 anos, existían os mesmos problemas. "O que quero dicir é que son problemas de antes que hai agora", enmendou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"O importante é tomar medidas canto antes", dixo ao referirse ao acordo deste mércores cos sindicatos sobre as remuneracións dos profesionais sanitarios que traballen de máis durante o verán. Tras iso, considerou necesario que, do mesmo xeito que a Xunta toma medidas, as que dependen do Goberno central "sexan tomadas canto antes". "É fundamental, mentres non se tomen, será moi difícil solucionar determinados temas", dixo.

Sobre a última dimisión no Sergas dixo entender "estes descontentos", pero insistiu en que a Xunta traballa para ter a "mellor" sanidade. "E igual que se recoñecen os descontentos tamén hai que recoñecer os acertos como o acordo ao que se chegou cos sindicatos no ámbito salarial", dixo.

Preguntado se non cre que máis alá de pluses tería que crear unha gran mesa de diálogo con distintos sectores afectados; Sergas, profesionais, sindicatos ou concellos, entre outros, Rueda indicou que o seu goberno mantén un "diálogo constante" con todos os sectores. "Por falla de falar e de análise non é en absoluto", manifestou. "Temos claras algunhas das solucions, aquelas que dependen de nós tomámolas e, as que non dependen, demandámolas", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

está ben que rectifique sobre todo que se poña as pilas pois leva 4 anos e retraso e se non arranxa Atención Primaria pederá o Goberno en 2024 (?) https://twitter.com/00Memoria/statu... Os tuits serven para algo ? Non, seguro que foi casualidade !

1 Vaites, vaites

Se Vigo vota ao ppsoe