O Goberno destaca os avances na investigación do asasinato de Samuel Luiz co acceso ás redes sociais dos detidos

Estados Unidos permitiu ese acceso.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 30/06/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cualificou de "positivo" que Estados Unidos permitise o acceso ás redes sociais dos investigados polo crime de Samuel Luiz, ocorrido en xullo do ano pasado na Coruña.

Un dos investigados polo crime de Samuel Luiz á súa chegada aos xulgados
Un dos investigados polo crime de Samuel Luiz á súa chegada aos xulgados | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo.

Miñones lembrou que esta foi unha das cuestións nas que se centrou a investigación, pero que a autorización correspondía á xustiza de Estados Unidos.

"É un novo avance, todo o que sexa avanzar é positivo para a investigación", dixo o delegado do Goberno. "Necesitamos ese acceso a redes sociais para comprobar todo o ocorrido e pechar a parte da investigación", engadiu Miñones, que tivo palabras de recordo para a familia de Samuel.

Por este crime, están condenados dous mozos que eran menores no momento dos feitos e que aceptaron unha pena de tres anos e medio por asasinato. Outros cinco adultos --tres en prisión e outros dous, unha muller e un home, en liberdade con obrigación de comparecencias xudiciais--, foron tamén detidos tras os feitos. Fiscalía e acusacións considéranos autores dun delito de asasinato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta