Xoel López chega a Verín con Gustavo Santaolalla

Será o 3 de xullo nun concerto que ofrecerán no Recinto A Preguiza, con acceso libre para todos os públicos e que dará comezo ás 21:00 h.

Por Galicia Confidencial | Verín | 01/07/2022 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O compositor e cantante Xoel López, que xa suma 20 anos de traxectoria musical, chega a Verín cun concerto no que poderás escoitar un repertorio de éxitos de álbums como Paramales ou Sueños y Pan, pero tamén do seu último traballo Si mi rayo de alcanzara, tres álbums que resumen unha vida de viaxes e vivencias cheas de influencias musicais.

Xoel López. CONCELLO DE MADRID - Arquivo
Xoel López. CONCELLO DE MADRID - Arquivo

En Verín vivirás un Xoel resultado dunha traxectoria e un último lanzamento que o xornalista Manuel Jabois describe da seguinte forma: "Hay una lógica formidable en su trayectoria y una música interior en sus canciones que remiten a algo para lo que se necesita tiempo y carácter: un sonido propio, un adn colocado por fuera como los letreros de los bares avisando de que allí se para. En Si mi rayo te alcanzara se para y se hace noche. Es un disco de hospedaje. Los que estamos con Xoel estamos desde siempre, y quien llega ahora tiene la misma sensación".

Esta cita vólvese aínda máis especial ao contar tamén con Gustavo Santaolalla, músico e produtor musical arxentino, dúas veces gañador do Premio Óscar polas bandas sonoras das películas Brokeback Mountain e Babel.

O seu paso por Verín forma parte da súa xira 'Desandando o camiño' e será un concerto que mostrará a ampla gama de composicións de Santaolalla a través dunha colección ecléctica que equilibra o instrumental con material vocal.

Os concertos de ambos os artistas terán lugar no Recinto A Preguiza, con acceso libre para todos os públicos, e o evento dará comezo ás 21:00 h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta