¿Quen nos mente?

Obras construídas hai 20 anos derrúbanse. Obras valoradas en centos de millóns de euros desaparecen convertidas en entullos. As empresas construtoras máis potentes, FCC e ACS dos oligarcas Carlos Slim e Florentino Pérez foron as artistas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 04/07/2022

Comparte esta noticia

FCC e ACS  repartíronse a construción  do  tramo entre Castro Lamas e Noceda da A-6. A construtora de Florentino Pérez, con ACS e as súas filial Dragaxes, e  FCC, grupo que agora controla Carlos Slim, son os responsables das obras. Mais atendendo aos medios de comunicación do mundo libre, eco pacifista e solidario,  ninguén é responsable.   O Ministerio, di,  está a facer  sesudas investigacións sobre cómo se esborrallaron iso tramos tan custosos.
Carlos Slim  é dono do grupo de comunicación  “progresista” PRISA. Ante iso xorden varias preguntas: ¿Os cidadáns  saben que Slim é dono de PRISA?.  ¿Coñecen que Slim é dono de FCC?, Os cidadáns ¿están ao tanto de que  FCC e ACS  é dicir, Slim  e Florentino Perez constrúen maiormente toda a obra pública de todas as administracións existentes locais, provinciais, autonómicas e españolas?.  ¿Por  qué  demasiada  obra pública contratada por todas as cores do arco da vella ecolóxico e  climático,  aos 20 anos xa necesita reparacións estruturais?.

Vista xeral do viaduto da A-6
Vista xeral do viaduto da A-6 | Fonte: Alberto Vázquez - Europa Press.

Ao día da data ningún partido das cores do arco da vella plurisexual,   solicitou unha comisión de investigación en ningún parlamento,  sobre a adxudicación de obras ás empresas dos  xerarcas Florentino Pérez, con ACS e as súas filial Dragaxes, nin FCC,  Slim. Nin tampouco polos tramos que se están derrubando. Non se investiga, non se esixen responsabilidades. Mentres as obras esborrállanse.

Jose Felix Tezanos, alto xerarca progresista,  ecoloxista e  con perspectiva de xénero, do PSOE,  nunha entrevista publicada o día 26 de xuño de 2022 afirmaba  con naturalidade que “mentir forma parte da vida política, tamén da persoal”.  Ao ler ao xerarca  Tezanos  recoñecendo que para él a mentira é o normal, preguntámonos que tarefa cumpren as xerarquías políticas antifascistas, anti cambio climático, e agora antiPutin.  

Juan Manuel de Prada publicaba o día 25 de xuño, o día anterior ás declaracións da alto xerarca do PSOE,   o artigo “Calumnias”.  Ao contrario que o xerarca do PSOE, Prada  critica  o vicio, a maldade  de mentir, considerando que: “Nunca como na nosa época a mentira lograra sementar de modo tan eficaz a confusión babélica no mundo. E alá onde se instaura esta confusión babélica, quen se atreve a denuncialo inevitablemente son vítimas das calumnias máis despepitadas e agresivas”.

É difícil coñecer se nos atopamos nunha  confusión babélica, se hai medo en denunciar feitos, ou  se dominan os vicios sociais máis plebeyos que Manuel de Prada indica.
Mais o certo é que  os viadutos millonarios derrúbanse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA