O Concello de Pontevedra subvenciona á praza de touros con 47.500 euros

ANOVA pide ao municipio que goberna o BNG que cancele o convenio co empresario propietario do recinto.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/08/2014 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra desvelou esta semana que mantén un convenio de colaboración co empresaro propietario da Praza de Touros. O municipio que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) aporta 47.500 euros este ano, segundo un acordo asinado este verán.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

A cambio deste cartos, a empresa comprométese a ceder o recindo para eventos como a Cabalgata de Reis, a Feira Franca ou calquera evento que necesite o Concello, sempre que a compañía reciba aviso con antelación dabondo e as datas reservadas polo municipio non coincidan cos da Feira Taurina. 

Hoxe, membros de ANOVA Pontevedra presentaron un escrito no rexistro municipal. Nel reclaman que se retire o convenio. Os cartos públicos axudan a facer viábel economicamente as touradas en Pontevedra, aínda que seña de maneira indirecta, argumentan. Ademáis, acusan a Miguel Filgueira, concelleiro de Sanidade Animal, de "incoherente" por acudir a praza como membro dunha peña e militar nunha fronte, o BNG, que está en contra das touradas.

O colectivo Galiza Mellor sen Touradas tamén criticou a existencia do convenio e reclamará oficilamente que se retire. No texto do convenio establécese a posibilidade de renovar o acordo para o ano seguinte.

O BNG de Pontevedra apoiou recentemente a manifestación contra as touradas organizadas na capital do Lérez, malia a evidente aficción as touradas dun dos seus concelleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

6 eusi

A luego como va ir el concellero del bnjajaja a los tueros se no hai plaza de tueros?

5 John_Pringle

A min o de pagar por usar un espazo pareceme mais un aluguer que unha subvencion...

1 Pringle ata as orellas

Claro, a ti si.

4 Celita no BNG

A concelleira da UPG Carmen da Silva non para de mentir. Di que o concello pontevedrés gobernado polo BNG non publicita os touros. Minte. Este é o primeiro ano que non o fai. Levaba anos a facelo de balde para a empresa da praza de touros, á que, por convenio, cédelle tamén sen cargo algún, os espazos urbanos que desexen para a propaganda. E minte sobre o montante dos cartos. Cando menos, nos 14 anos que van de século desde a alcaldía de Lores, se subsidian os touros. Levan malagastados o concelleiors da UPG-BNG, centos de miles de euros. E os contra-touradas (os de Pontevedra) caladiños. E desde a dirección do BNG o mesmo. O único que se lles ocorre é mandar falar mal de Esquerda Unida. Casta.

3 GZemP

Os votinhos para seguir chuchando no poder astão muito acima da dignidade.

2 Olé por IU

IU a mesma que subvenciona touros por toda España, que di que opoñerse ás touradas é unha deformacion pequenoburguesa e que vota a favor de que se emitan as touradas por TVE e que se opon á prohibicion dos touros en España porque di Llamazares que non é extrapolable agora vai de antitaurina. Calquera diría que é incoherente. Ben polo BNG por ser o unico partido que no poder quitou as subvencions ás touradas. Non o fixeron nin PP nin PSOE nin IU AGE