O Concello de Pontevedra subvenciona á praza de touros con 47.500 euros

ANOVA pide ao municipio que goberna o BNG que cancele o convenio co empresario propietario do recinto.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/08/2014 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra desvelou esta semana que mantén un convenio de colaboración co empresaro propietario da Praza de Touros. O municipio que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) aporta 47.500 euros este ano, segundo un acordo asinado este verán.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

A cambio deste cartos, a empresa comprométese a ceder o recindo para eventos como a Cabalgata de Reis, a Feira Franca ou calquera evento que necesite o Concello, sempre que a compañía reciba aviso con antelación dabondo e as datas reservadas polo municipio non coincidan cos da Feira Taurina. 

Hoxe, membros de ANOVA Pontevedra presentaron un escrito no rexistro municipal. Nel reclaman que se retire o convenio. Os cartos públicos axudan a facer viábel economicamente as touradas en Pontevedra, aínda que seña de maneira indirecta, argumentan. Ademáis, acusan a Miguel Filgueira, concelleiro de Sanidade Animal, de "incoherente" por acudir a praza como membro dunha peña e militar nunha fronte, o BNG, que está en contra das touradas.

O colectivo Galiza Mellor sen Touradas tamén criticou a existencia do convenio e reclamará oficilamente que se retire. No texto do convenio establécese a posibilidade de renovar o acordo para o ano seguinte.

O BNG de Pontevedra apoiou recentemente a manifestación contra as touradas organizadas na capital do Lérez, malia a evidente aficción as touradas dun dos seus concelleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

1 frente popular Si

que caras teñen IZQUIERDA UNIDURA a poia a festa expañola dos touros como patrimonio inmaterial da humanidade, onde goberna IZQUIERDA UNIDURA a tauromafia e ensalzada tipo andalucia, e os concellos de Cordoba e Granada e Almeria, para a esquerda expañolenta o asasinato e holocausto son cousas de risa.. estan o nivel do mais baixo e rastreiro a caspa a carcundia e a roña... que penita a nova xa non engana... PODEMOS! claro que si! e o momento que os apoia pe$oes os corruPPtos andaluces e os golfos dos madriles marchense... tedes mais cornas na cabeza que a esposa dalgun borbon... por un frente popular SI, pero de calidade sin enredadores sin comediantes andaluces IZQUIERDA UNIDURA