O Concello de Pontevedra subvenciona á praza de touros con 47.500 euros

ANOVA pide ao municipio que goberna o BNG que cancele o convenio co empresario propietario do recinto.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/08/2014 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra desvelou esta semana que mantén un convenio de colaboración co empresaro propietario da Praza de Touros. O municipio que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) aporta 47.500 euros este ano, segundo un acordo asinado este verán.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

A cambio deste cartos, a empresa comprométese a ceder o recindo para eventos como a Cabalgata de Reis, a Feira Franca ou calquera evento que necesite o Concello, sempre que a compañía reciba aviso con antelación dabondo e as datas reservadas polo municipio non coincidan cos da Feira Taurina. 

Hoxe, membros de ANOVA Pontevedra presentaron un escrito no rexistro municipal. Nel reclaman que se retire o convenio. Os cartos públicos axudan a facer viábel economicamente as touradas en Pontevedra, aínda que seña de maneira indirecta, argumentan. Ademáis, acusan a Miguel Filgueira, concelleiro de Sanidade Animal, de "incoherente" por acudir a praza como membro dunha peña e militar nunha fronte, o BNG, que está en contra das touradas.

O colectivo Galiza Mellor sen Touradas tamén criticou a existencia do convenio e reclamará oficilamente que se retire. No texto do convenio establécese a posibilidade de renovar o acordo para o ano seguinte.

O BNG de Pontevedra apoiou recentemente a manifestación contra as touradas organizadas na capital do Lérez, malia a evidente aficción as touradas dun dos seus concelleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

16 Ama

Os de Anova non son tan escrupulosos a hora de pactar con forzas españolistas como IU. Manda carallo que isto de aportar cartos para axudar a manter algo que e de todos os pontevedreses, tamen dos antitaurinos sea o que lle critiquen o BNG. Que fagan algo construtivo. A qhe non se atreven nas proximas municipais levar no programa o derrumbe da plaza de toros. Morto o can acabouse a rabia.

1 españolistas do bloque

Non lacaio do Beneguai, que non das unha ou xogas ao despiste! A praza de toros de Pontevedra é PRIVADA, da familia Lozano, a que recebe subvencións e axudas a publicitarse por parte do Concello de Pontevedra gobernado polo BNG. Todo o que pode facer o Concello do BNG, que até o presente non quixo, é retirar as axudas aos promotores da tauromaquia en Pontevedra. Unha de tantas incoerencias típicas do BNG!

15 Neno

Ninguén é perfecto (quizais os da Autonoma de Madrid si que o son). O concello de Pontevedra é un exemplo de xestión municipal e de proxecto de cidade que serve como referencia a nivel europeu. Que o concello subvenciona a empresa que explota a praza de touros? Pois é, mas para darlle uso ao recinto noutro tipo de eventos (feira franca, entroido, etc.). Dicir que o bng de pontevedra subvenciona as touradas é demagoxia e unha mentira. Hai quen está aproveitando para tirar rédito político desta lea na que non se está a dicir toda a verdade (interesadamente, claro); eses mesmos que acusan o bng de hipócritas debían de ver as relacións que os seus compañeiros de coalición tenhen cos touros (entre outras moitas cousas, como por exemplo o seitor naval, o dereito de autodeterminación, etc. etc. etc.).

1 Lástima de bois!

Un exemplo o BnG de Pontevedra? En modelo de cidade para os veciños, si, acredito! En ter un alcalde vitalicio, no culto à persoa, no lider eterno..., non, grazas! Nos negocios escuros que levaron a membros da corporación a ser sinalados en casos de corrupción..., non, grazas. Na complicidade con Ence, non, grazas. No tesoureiro do BnG que se reune co delegado de Vendex en nome do alcalde de Pontevedra, non, grazas. No concelleiro do BnG taurino, non, grazas. Nas subvencións à praza e à empresa taurina (aprende a ler, entendo que non gostes pero traga), e nas axudas a publicitar a festa españolista, non, grazas.

2 Nastyparty

Pontevedra referencia a nivel europeo? Non será polo matute do Premio Intermodes que montou o coach de Lores cunha empresa buscaprimas, non? Menos mal que a fiscalía anda velas vir... iso si que é demagoxia e mentira por parte da casta leninista (con chalé) de Pontevedra

14 Tatuaxetrix

Desque Fernández Lores é alcalde do BNG (ou de "PODEMOS facer o que nos pete") o programa das festas da Peregrina sempre inseriu publicidade dos eventos de morte de touros da empresa Lozano. A concelleira do BNG pontevedrés pode dicir o contrario, pero até este ano que se decidiron a non facelo, sempre lle fixeran a propaganda de balde á tauromaquía. Porén, aínda este propio ano, lle agasallan numerosos espazos da cidade sen lle cobrar un peso. A UPG-BNG de Pontevedra debe de levar traspasados, neste caso directos, unha cantidade superior a 500.000 euros a unhas touradas con morte que a súas dúas organizacións políticas (UPG e BNG) rexeitan nos seus programas. Xa que logo, ceses, dimisións (do concelleiro do BNG protauromaquia, Miguel Filgueira) e expedientes.

1 Vacas mantidas

Moito pides! No Bloque, como nos predicadores, hai que distinguir o que se di eo que se fai. Cando Camilo Nogueira foi descuberto participando na Sicav de Luxemburgo calaron a boca, nin o seu xenro-portavoz Xabier Vence dixo nada, os cartiños no peto da familia e deixemos pasar o tempo que xa se esquecera... Non pidas decencia onde non a hai!

13 GZemP

O BNG muda o logo para as novas necessidades do concelho: que seja do agrado do dono da praça de touros de Ponte Vedra: https://www.facebook.com/photo.php?...¬if_t=like

12 AJE y PROGREMOS

Protestan polas touradas e logo andan a defende-lo aborto subvencionado polo estado, moi coherente o desta xentalla, verdadeiro "animalismo". Logo nos vos estranades que continúen a gañar Feijóo e Rajoy tan doado.