Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/07/2022 | Actualizada ás 20:03
Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban, na estrada OU-0507, e caer ao río Lonia, ao seu paso por Pereiro de Aguiar.
O aviso ao 112 Galicia deuno un particular, ás 17,30 horas, que informaba dun coche nun río, na parroquia de San Salvador de Prexigueiró. Nesta comunicación, sinalaba que un home saíra do vehículo, pero o outro ocupante seguía no seu interior.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e dos membros do GES da localidade que, unha vez que lograron acceder ao lugar no que estaba o vehículo, conseguiron rescatar e sacar ao condutor que se atopaba no interior do coche, para posteriormente trasladalo en padiola ata o lugar onde os esperaba unha ambulancia do 061.
O 112 Galicia tamén puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil que tratan de clarificar as circunstancias do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.