Buscan por terra, mar e aire un pescador desaparecido na zona de Cabo Prioriño, en Ferrol

O home adoitaba regresar á casa a media mañá tras saír a pescar, pero, nesta ocasión, non volveu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias buscan por terra, mar e aire un pescador desaparecido este mércores na zona de Cabo Prioriño, no municipio de Ferrol. Segundo a información do 112 Galicia, foi un familiar do desaparecido o que deu a voz de alarma sobre as 16,00 horas. Tal e como contou, o desaparecido adoitaba regresar á casa a media mañá tras saír a pescar, pero, nesta ocasión, non volvera.

Desde o Centro Integrado de Atención a Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo de rescate que conta coa intervención de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron os seus helicópteros de rescate.

Ademais, por mar tamén participan nos labores de procura os Bombeiros de Ferrol, a bordo dunha embarcación. Os axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e Local e voluntarios de Protección Civil de Ferrol completan o operativo por terra. Os equipos de rescate centran a procura na zona do Cabo Prioriño, nas proximidades do porto exterior novo de Ferrol.

Faro do Cabo Prioriño en Ferrol
Faro do Cabo Prioriño en Ferrol | Fonte: Turismo de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta