Incendios.- A Xunta centra todos os seus esforzos en salvar a Devesa da Rogueira mentres se activan outros focos

Veciñanza e activistas critican que se actuara tarde e din que con reténs e medios poderíase ter salvado moito máis. Volven activarse novos focos no Val da Seara.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 21/07/2022 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Os operativas contra incendios da Xunta levan desde o pasado mércores centrados en que o lume non entre na emblemática Devesa da Rogueira, un das paisaxes ecolóxicas máis ricas e máis importantes de Galicia. Tal é o seu enconamento que a veciñanza e voluntarios critican que se desatenderon outras frontes.

Letreiro co roteiro á Devesa da Rogueira. Detrás, xa no fume, a Lagoa de Lucenza
Letreiro co roteiro á Devesa da Rogueira. Detrás, xa no fume, a Lagoa de Lucenza | Fonte: Sechu Sende

"No canto de ter a brigadistas e medios sen facer nada ao carón da devesa actuaran noutros puntos, o lume nunca chegaría as portas da Rogueira", critica un voluntario que leva días loitando canda outros compañeiros e compañeiras para evitar unha das maiores catástrofes ecolóxicas que viviu Galicia.

De feito, durante o mércores o lume estivo a piques de entrar na Devesa da Rogueira pola zona máis alta logo de queimar Pía Páxaro e a campa e lagoa de Lucenza.  A veciñanza denuncia que non houbo medios na zona durante máis de 15 horas, "nin tan sequera unha motobomba". "Se estivera aquí unha brigada, non habería temor ningún", din.

A Xunta mandou un equipo heliotransportado na tarde do mércores para tentar evitar que o lume entrara pola Devesa. Tamén mandou medios e bulldozers que traballaron concienzudamente para realizar grandes cortalumes ao carón da Rogueira. Finalmente, os medios e esforzos empregados serviron, polo momento, para conter as lapas nese punto.

Con todo, deixaronse desprotexidos outros flancos, como os do Val da Seara e Ferreirós. De feito, nesas zonas activaronse distintos frontes, pequenos lumes avivados polo vento. Esta mesma tarde un deses focos volveu prender na Seara. Faltan medios e faltan xentes para conter a vaga de incendios. Tamén coordinación.

"A Rogueira non arderá. Está ali todo o operativo, saben que se ardera terían que dimitir todos, ata Feijoo.  Tiveron que queimar cun contralume o piñeiral que estaba raiando coa Rogueira, piñeiral que levamos denunciando dende antes de plantalo", escribía o activista do Courel Orlando Álvarez no seu Faceboo, Tamén o escritor Sechu Sende escribía un artigo no Galicia Confidencial na mesma liña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta