Volve subir o prezo dos taxis en Santiago: case un 5%

Os bonos corazón da Praza Abastos, para incentivar a actividade económica, amplian o seu prazo ata o 17 de setembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O alcalde do Concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou este martes que o servizo de taxis na cidade sufrirá un incremento no prezo dun 4,76%. Por iso, o traxecto do aeroporto aumentará o seu custo desde os 21 euros aos 22 euros.

Así o comunicou o rexedor en rolda de prensa no Pazo de Raxoi, tras a xunta do goberno local. Aínda que confirmou a subida da tarifa do servizo, Bugallo non revelou a data de aplicación do cambio, pero si o motivo.

O incremento débese ao aumento do IPC, que Bugallo cifrou en Galicia nun 15% --por encima do 13,8% nacional--. Ante isto, o rexedor indicou que o aumento nas tarifas do servizo de taxis da cidade son "inferiores ao IPC acumulado".

Doutra banda, o líder do goberno local anunciou a ampliación do prazo para utilizar os 'bonos corazón' da Praza Abastos. En primeiro lugar, estes bonos finalizaban o 31 de agosto, pero --debido á súa tardía entrada en funcionamento-- os 500 restantes terán validez ata o 17 de setembro.

Tamén confirmou que a convocatoria xeral de setembro contará cun investimento de 1,25 millóns de euros. Estes bonos serven para fomentar a actividade económica e comercial da cidade.

Xosé Sánchez Bugallo nunha rolda de prensa
Xosé Sánchez Bugallo nunha rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta