Méndez Ferrín, Fuxan os Ventos e Celso Fernández Sanmartín, premios Rebulir da Cultura Galega 2022

A gala de entrega dos galardóns terá lugar o 17 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/07/2022 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

O grupo Fuxan vos Ventos, o poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín foron os premiados na edición de 2022 dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2022.

O escritor, político e doutor honoris causa Xosé Luis Méndez Ferrín
O escritor, político e doutor honoris causa Xosé Luis Méndez Ferrín | Fonte: DUVI.

Tal e como fixo público a organización, o xurado da XI edición dos galardóns decidiu premiar, na categoría de música galega, ao grupo Fuxan os Ventos "pola súa dilatada traxectoria no ámbito da música tradicional e popular galega, pondo en valor a poesía e cultura endóxena".

Celso Fernández Sanmartín foi o premiado na categoría de artes escénicas por "preservar e difundir a tradición oral galega desde o respecto e levar os contos do rural a diferentes escenarios, pondo en valor a creatividade propia.

Por último, na categoría homenaxe, Xosé Luís Méndez Ferrín álzase co premio por "ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea e difusor da cultura propia a través da súa obra chegando a diferentes públicos".

A gala de entrega dos galardóns terá lugar o sábado 17 de decembro de 2022, ás 19,00 horas, no Complexo Polideportivo dp Picouto, no concello de Ramirás.

Os premios naceron en 2012 "como un recoñecemento a persoas e colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións", con especial fincapé na proxección de Galicia "máis aló das súas fronteiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta