Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/09/2025 | Actualizada ás 10:32
Dous incendios forestais permanecen controlados nos municipios de Ourense e Piñor tras rexistrarse nas xornadas deste xoves e mércores, respectivamente.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio de Piñor foi detectado ás 21.22 horas do mércores e logrou ser controlado ás 4,16 horas da madrugada.
As últimas estimacións provisionais cifran a superficie afecta a 17,54 hectáreas.
Pola súa banda, no Concello de Ourense, parroquia de Ourense, quedou controlado ás 18,50 horas deste xoves outro lume declarado ás 16,30 horas da tarde.
Polo momento, non hai cifras da superficie afectada por este lume, que afectou o exterior do complexo deportivo de Bamio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.