O conselleiro José González reforza en Newark a ligazón con entidades galegas e destaca Galicia como terra de oportunidades

O titular de Emprego, Comercio e Emigración reuniuse co Centro Ourensán e o Club España, salientando o papel da emigración e as medidas da Estratexia Galicia Retorna

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2025 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo este sábado encontros co Centro Ourensán e o Club España de Newark, dúas entidades históricas que serven como punto de encontro da colectividade galega en Nova Jersey.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, vista o Centro Ourensán e o Club España de Newark, en Nova Jersey
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, vista o Centro Ourensán e o Club España de Newark, en Nova Jersey | Fonte: Xunta de Galicia

Na visita, González puxo en valor a función destes centros como espazos de convivencia, cultura e apoio á diáspora. "É unha honra coñecer de preto as vosas demandas e agradecer a contribución da emigración galega ao desenvolvemento de Galicia", subliñou.

O Centro Ourensán de Newark, creado en 1964, suma arredor de mil socios —na súa maioría galegos— e foi recoñecido en 2014 coa Medalla de Ouro ao Mérito da Emigración. Pola súa parte, o Club España, fundado tamén por emigrantes galegos, acumula máis de seis décadas de historia como institución cultural e social, promovendo actividades diversas e mantendo viva a identidade galega.

Durante os encontros, o conselleiro fixo fincapé na importancia da Estratexia Galicia Retorna, que busca facilitar o regreso das persoas emigradas e atraer talento. Entre as ferramentas destacadas mencionou as bolsas BEME, as oficinas do Retorno e o programa Retorna Cualifica Emprego, deseñado para integrar profesionais no tecido económico galego.

González referiuse a Galicia como "un territorio próspero e aberto" no que a emigración é un activo clave para o futuro: "Queremos que quen desexe regresar poida desenvolver o seu proxecto vital e laboral cunha oferta real de oportunidades".

Con esta visita, a Xunta procurou afianzar os lazos coa comunidade galega nos Estados Unidos, recoñecendo o seu papel histórico e proxectando a idea de Galicia como un lugar atractivo para vivir, traballar e emprender.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta