O Colexio de Arquitectos ofrecerá gratis parte dos seus servizos para reconstruír vivendas incendiadas

Asumirá os gastos de visado e rexistro dos traballos, sexan obra nova ou rehabilitación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) asumirá os gastos de visado e rexistro dos traballos relacionados coa rehabilitación ou obra nova dos inmobles danados polos incendios forestais ocorridos en Galicia no mes de xullo.

O COAG elaborará, tras atender unha solicitude do Concello do Barco de Valdeorras, unha lista de colexiados interesados en recibir encargos dos veciños para realizar "inmediatamente" os trámites das solicitudes de axudas oficiais, memorias, proxectos de reconstrución, entre outras cuestións.

Nun comunicado, indica que tanto honorarios como o resto de condición dos encargos serán establecidos polo encargado co arquitecto colexiado elixido, sen ningunha outra participación do colexio.

Pola súa banda, o municipio ourensán do Barco solicitou a colaboración do COAG para aceptar encargos dos veciños. Isto debido a que a maioría das vivendas se atopan en estado de "ruína técnica total". Esta denominación implica que a reconstrución deberá ampararse nunha licenza municipal e no proxecto técnico dun arquitecto.

Por outra banda, a Xunta publicou varias convocatorias de axudas destinadas a paliar os danos provocados polos incendios en Galicia en vivendas, establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís. Para optar ás subvencións, lembra o COAG, será necesario adiantar memorias asinadas por técnicos competentes.

Un veciño observa unha zona de vivendas afectadas polo lume, a 18 de xullo de 2022, no Barco de Valdeorras, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Un veciño observa unha zona de vivendas afectadas polo lume, a 18 de xullo de 2022, no Barco de Valdeorras, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta