Activada alerta laranxa por altas temperaturas de ata 39 graos na zona do Miño de Ourense

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2022 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A Xunta activou este martes a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense, onde se poden alcanzar os 39 graos. Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase que este fenómeno meteorolóxico arranque sobre as 13,00 horas deste martes.

Ademais, a administración autonómica tamén activa o nivel amarelo por altas temperaturas --que poden chegar a 36 graos-- no interior da Coruña, no sur de Lugo e no noroeste, sur e zona de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Ante este episodio, as autoridades recomendan extremar as precaucións, especialmente entre colectivos vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e persoas que realicen traballos físicos intensos ou deportes ao aire libre. Así mesmo, lémbrase que nunca se debe deixar aos nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.

Doutra banda, aconsellan limitar a exposición ao sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. Tamén avisan da importancia de manter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol.

Unha muller camiña por unha vía en plena onda de calor.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller camiña por unha vía en plena onda de calor.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta