Dous mortos en senllos accidentes con tractor en San Amaro e Covelo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Dous homes faleceron na tarde deste martes en senllos accidentes rexistrados en San Amaro (Ourense) e Covelo (Pontevedra), mentres manexaban ou trasladaban un tractor.

Accidente de tractor en San Sadurniño cun falecido
Accidente de tractor en San Sadurniño cun falecido | Fonte: GARDA CIVIL.

Segundo informa o 112, pasadas as 17,00 horas recibiu a chamada dunha persoa que pedía asistencia urxente para un home que sospeitaban que caera dun tractor en Grixoa, San Amaro (Ourense). Posteriormente, axentes da Garda Civil confirmaron que a persoa circulaba no remolque dun tractor cando, por mor dunha fochanca, caeu e golpeouse contra a calzada. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida.

Pouco despois, en Covelo (Pontevedra), produciuse outro accidente que se saldou con outro home falecido. Neste caso, a persoa que conducía o tractor perdeu a vida despois de envorcar o vehículo que manexaba. Ocorreu nunha leira do lugar de Barcia. Ao lugar acudiron os profesionais sanitarios, unha patrulla da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta