Catro feridos leves nunha colisión múltiple na AP-9 ao seu paso por Barro

Catro vehículos sufriron danos polo levantamento dunha xunta de dilatación na AP-53

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas este mércores nunha colisión múltiple na AP-9 ao seu paso polo concello pontevedrés de Barro, segundo informou o 112. O suceso tivo lugar ao redor das 12,15 horas e nel víronse implicados un total de cinco vehículos: dous tráileres, dous turismos e unha furgoneta. Sinalan ademais que ningún dos afectados tivo que ser trasladado ao hospital.

Doutra banda, catro vehículos sufriron danos polo levantamento dunha xunta de dilatación na AP-53, no quilómetro 50 en Lalín (sentido Santiago). A causa do incidente, unha muller cuxo coche se viu danado pola avaría na vía solicitou asistencia sanitaria posto que se atopaba algo "intranquila".

Accidente na AP-9. GUARDIA CIVIL DE PONTEVEDRA
Accidente na AP-9. GUARDIA CIVIL DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta