Interceptado un camioneiro por conducir triplicando a taxa de alcohol na AP-9

Un axente que ía no seu coche tentou que parase na peaxe de Vilaboa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A Garda Civil interceptou na AP-9 a un veciño de Vilanova de Arousa, de 59 anos, que duplicaba a taxa de alcoholemia mentres conducía un camión nas inmediacións da ponte de Rande.

Nun comunicado, a Garda Civil constatou que os feitos ocorreron o pasado fin de semana, cando un axente viaxaba, casualmente, no seu vehículo particular detrás do camión que circulaba en sentido A Coruña. Ao observar a súa condución, o axente avisou á Central Operativa de Tráfico (Cota) para que unha patrulla puidese interceptalo.

Desta forma, o axente que viaxaba no seu coche particular tentou, sen éxito, que o condutor detivese a marcha na peaxe de Vilaboa. Así, o camioneiro foi interceptado por unha patrulla do Subsector de Tráfico de Pontevedra á altura do quilómetro 1,150 da PO-531, pouco despois de abandonar a autoestrada pola saída 129 (Pontevedra Norte).

Tras a súa identificación, realizáronlle a proba de alcoholemia que concluíu cun resultado positivo de 0,42mg/l en aire expirado, o que significa unha taxa case tres veces maior que a máxima permitida para este tipo de vehículos que é de 0,15mg/l.

Por estes feitos, o condutor foi notificado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O procedemento foi entregado no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, onde comparecerá cando sexa requirido pola autoridade xudicial.

Camión paralizado pendente da proba de alcoholemia/. GARDA CIVIL / Europa Press
Camión paralizado pendente da proba de alcoholemia/. GARDA CIVIL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta