Soben lixeiramente os casos Covid

Actualmente hai 1.635 contaxiados, case un cento máis que un día antes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/08/2022 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.635, case un cento máis que os que había hai 24 horas. Deles 368 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 274 da de Ourense, 200 da de Pontevedra, 198 da área de Vigo, 234 da de Santiago e 121 da de Ferrol.

Unha enfermeira abre un test de antíxenos para realizar unha proba covid
Unha enfermeira abre un test de antíxenos para realizar unha proba covid | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 114 en unidades de hospitalización e 1.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 668.594 persoas curadas, rexistrándose 3.877 falecementos.  A día de hoxe hai 1.514 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Segundo o Sergas, o número de PCR realizadas é de 3.969.967. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.722.584 e un total de 668.594 pacientes xa están curados.

 

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta