Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 11:30
Carlos Núñez actuará este sábado 27 de agosto no adro da igrexa de Viascón do municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade da man dos concertos do Xacobeo 21-22, nunha data na que coincide co gran acto de inicio do curso político que o PP celebra nesta localidade con Núñez Feijóo á cabeza.
Este programa, co que a Xunta pretende expandir a toda a xeografía galega a oferta musical ligada ao Ano Santo, celebrará unhas 100 actuacións ao longo dos meses centrais deste ano 2022.
Unha das próximas citas será o concerto do cantante ourensán Cepeda en Sanxenxo. A actuación está prevista para o próximo 3 de setembro e contará con Antía Muíño como artista convidada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.