Soben os hospitalizados por Covid en Galicia

O número de casos activos segue estancado en torno aos 1.500.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/08/2022 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O número de hospitalizados en Galicia por Covid rexistrou un lixeiro aumento, ata situarse en 131 (17+), de acordo co último parte facilitado por Sanidade, con datos ás 18,00 horas do domingo. Os casos activos ascenden a 1.564, 165 menos en relación ao parte anterior, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres.

Nos hospitais galegos, hai 123 persoas que se atopan ingresadas en planta, ás que se suman oito en unidades de coidados intensivos. Hai tamén 1.433 pacientes en seguimento nos seus domicilios. En canto aos casos abertos por Covid nas últimas horas sitúase en 83.

Por áreas, do número de infeccións activas, 332 corresponden á da Coruña; 213 á de Lugo; 274 á de Ourense; 186 á de Pontevedra; 211 á de Vigo; 236 á de Santiago e 110 á de Ferrol.

Na área sanitaria da Coruña e Cee son 46 os hospitalizados, deles 45 en planta e un en UCI, con 20 casos novos nas últimas horas. Na de Ferrol, son 11, deles un en unidade de coidados intensivos e un só caso novo, mentres que na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos son nove as persoas ingresadas, todas en planta, e con 13 novos contaxios.

Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, todas son tamén en planta, 15 persoas, mentres que os novos contaxios sitúanse en 10. Na de Pontevedra-O Salnés son 20 as persoas ingresadas, unha en UCI, con cinco novos casos abertos nas últimas horas. Na de Santiago de Compostela-Barbanza, hai 16 hospitalizados, dous en UCI, e 16 novos contiagos e na de Vigo, 14 ingresados, tres en UCI, e con 18 novos casos abertos nas últimas horas.

SEN FALECIDOS NAS ÚLTIMAS HORAS

Desde o inicio da pandemia en Galicia, rexistráronse un total de 3.882 falecidos, sen notificación de novas mortes nas últimas horas.

Mentres, as persoas contaxiadas ascenden a 674.355 e o de curadas é de 669.016. Ata a data realizáronse 3.970.732 probas PCR e administráronse 6.723.069 vacinas.

Cidadáns nunha zona de lecer nocturno  na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Cidadáns nunha zona de lecer nocturno na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta