Les Luthiers pospón ata 2023 o concerto previsto para outubro en Ourense

Por E.P. | OURENSE | 29/08/2022 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O grupo arxentino Les Luthiers aprazou ata 2023 a actuación previsa inicialmente en outubro en Ourense, segundo informa o consistorio.

Inicialmente, estaba previsto que actuasen os días 10, 12 e 13 de outubro no auditorio municipal de Ourense, dentro da xira prevista polo grupo.

Trátase da presentación do seu último traballo, 'Gran Reserva', que finalmente non presentará ata o ano que vén, explican desde o consistorio, que sinala que será nunha data "aínda pendente de concretar".

O grupo arxentino Les Luthiers. LES LUTHIERS - Arquivo
O grupo arxentino Les Luthiers. LES LUTHIERS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta