Esgotadas as entradas a prezo reducido para o Our Fest Xacobeo 2022

Por E.P. | A CORUÑA | 31/08/2022 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

O Our Fest Xacobeo 2022, festival que se celebrará en Expourense o próximo 17 de setembro, esgotou as entradas a prezo promocional. Os novos billetes poden adquirirse por un importe de 40 euros.

O cartel deste evento conta con bandas consolidadas a nivel internacional como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras nacionais como Julián Maeso que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band.

Nas últimas horas sumouse a esta primeira edición do festival as sesións de Isaac Pedrouzo, Dj Lagartija e Fernandes Dj. Os asistentes disporán ademais de barras no propio recinto e unha zona gastro con diversas ofertas de restauración.

Presentación do festival. OUR FEST
Presentación do festival. OUR FEST | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta