Investigan a unha veciña de Bande por ter un invernadeiro con marihuana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a unha veciña de Bande, de 54 anos, como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tenencia e cultivo de marihuana.

En concreto, segundo explicou o corpo, a muller foi sorprendida en posesión de 150 gramos de marihuana e unha landra de haxix.

Ademais, anexo á súa vivenda, situada na parroquia de Santa Comba de Bande, os axentes localizaron un pequeno invernadoiro onde cultivaba dúas plantas de marihuana.

Invernadoiro con marihuana localizado en Bande (Ourense). GARDA CIVIL
Invernadoiro con marihuana localizado en Bande (Ourense). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta