Son felices os traballadores galegos?

Un 72,5% afirma que lle gusta o seu traballo, se ben cerca dun 60% cambiaría de funcións ou de empresa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Xa chegou setembro e, con el, o fin das vacacións para a maioría dos galegos. Pero como afrontan a volta as súas obrigacións laborais? Son felices nese traballo ao que se reincorporan?. A Área de Felicidade de Mahou San Miguel, profundou en todas estas cuestións a través dun estudio realizado por Sigma Dos a nivel nacional. Galicia é a sexta comunidade autónoma con máis profesionais que se declaran felices no seu traballo (66,2%), moi por encima da media nacional (61,4%). A lista encabézaa Navarra (69,1%),  Asturias (67,7%) e A Rioxa (67,6%), mentres que Castela e León e País Vasco, con un 59,4% e un 51,3%, respectivamente, sitúanse nos últimos postos.

Enquisa que mostra a felicidade dos traballadores no traballo por Comunidades - Mahou San Miguel
Enquisa que mostra a felicidade dos traballadores no traballo por Comunidades - Mahou San Miguel

En Galicia os empreados por conta allea son máis felices que os autónomos, aínda que con moi pouca diferencia (un 66,4% fronte a un 65,4%) e que os factores aos que os galegos dan máis importancia para ser felices no traballo son a relación cos compañeiros, o ambiente laboral e o salario, co que a maioría se sinte satisfeito. Sete de cada 10 enquisados en Galicia din levarse ben co xefe, ao que se suma que un 87,4% ten boa relación cos seus compañeiros.

Das conclusións do estudo extráese tamén que a un 72,5% dos galegos lles gusta o seu traballo e que un 69,7% o considera motivador e estimulante, só superados por baleares e navarros, cun 70,7% en ambos casos. A pesar diso, un 57,5% está disposto a cambiar de funcións ou de compañía y só o 35,6% ha pensou algunha vez en ter o seu propio negocio. O medo é o principal freo para emprender entre os galegos.

FELICES E ENTRE OS MENOS ESTRESADOS

O síndrome postvacacional é unha realidade nesta época do ano e máis da mitade dos traballadores galegos (51,6%) sufrírono algunha vez, unha cifra inferior ao total nacional (54,7%). 

Tamén é habitual o estrés laboral, que din experimentar un 79% dos galegos en algunha ocasión (un 41,6%, moitas ou bastantes veces). Esta cifra tamén está por debaixo da media española (82%) e sitúa aos galegos á cabeza dos traballadores menos estresados de España.

Para mellorar a súa situación laboral e o seu benestar, os enquisados consideran clave aumentar os salarios (62,8%) e a flexibilidade e conciliación persoal (38,4%). Contar con medidas de desconexión dixital nas empresas é tamén moi relevante para eles e só un 12,9% dos galegos di disfrutarlas. A maioría recibe correos, chamadas ou incluso ten reunións fora do horario laboral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lois

Si o dí SIGMA debe ser verdade !! Despois de oír a empresarios chorando que non tiñan man de obra barata temporal por culpa da "paguita" a xente non quere traballar !!! (40 mil parados de ían honte) eu creo que SIGMA debería facerrle a preguntas oportunas a os empresarios .. para saber súa felicidade .. non lles parece ?