Yolanda Díaz: “Gustaríame que BNG e Podemos participen do cambio”

A líder de EU destaca que Podemos supón “unha oportunidade máis” para derrotar ao bipartidismo. Destaca que Beiras, como Julio Anguita, “morrerá coas botas postas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/09/2014 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A coordinadora xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, volveu insistir esta fin de semana na necesidade de que os partidos da esquerda e nacionalistas formen parte do que xa se deu en chamar as mareas.   "Gustaríame que todas esas forzas, chámense BNG, Podemos ou como se chamen, formen parte desa onda de cambio que xa está nas nosas portas", suliñou.

rolda de prensa de Beiras e Yolanda Díaz
rolda de prensa de Beiras e Yolanda Díaz | Fonte: V.C.

Nunha entrevista na Radio Nacional España (RNE), insistiu na necesidade de que "todas as forzas rupturistas" se unan nos videniros comicios municipais para "superar aos partidos do réxime", en alusión a PP e PSOE.   "Estamos a xogarnos concitar a participación da maioría social e derrotar democraticamente o bipartidismo e acabar con esta segunda restauración. A cidadanía está cansada de que gobernen para unha minoría", apuntou.

Por iso, apostou por un pacto forte entre as formacións “rupturistas” e non pactos “de mesa-padiola". “É imprescindible que todas as organizacións colaboren para o proceso de enorme transformación que se vai vivir na próxima primavera”, dixo.

Neste sentido, mostrouse convencida de que nas próximas eleccións "haberá cambios" en todos os gobernos das "grandes cidades" de Galicia. "Estou convencida de que se as forzas rupturistas traballamos correctamente superaremos aos partidos do réxime", insistiu.

Díaz asegurou que nestes comicios, Podemos supón "unha oportunidade máis”. "É a primeira vez na historia que as forzas rupturistas teñen a posibilidade de gañar, cousa que sabe perfectamente o poder", dixo. “De aí veñen os intentos de Feijóo e Rajoy de dar golpes de estado, a través das súas reformas electorais", engadiu.

Yolanda Díaz, líder de EU
Yolanda Díaz, líder de EU

Sobre os problemas de saúde de Xosé Manuel Beiras, a líder de EU destacou que o portavoz de AGE seguirá ao pé do canón. "Beiras, do mesmo xeito que Julio Anguita, van morrer coas botas postas, van seguir achegando ao debate da esquerda", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

11 eimm

Pois eu gostaba que alguén me explicase o que é unha "mesa-padiola". Sei o que é unha mesa, o que é unha padiola ou angarello para levar doentes, mais unha mesa-padiola... Na miña vida!. Será unha mesa de braseiro, ou será un novo invento do Sergas?

10 Sara

Non Yoli, periga o poder na man de quen vos alimenta! Logo IU e BNG debedes aliarvos co PP e co PSOE! Sodes sistema e defendedes o mesmo! Permitistes roubos como o das prrferentes sentados na banca, os Eres falsos dos amigos e familia sindical, trincastes cheques de Vendex e fostes colocados e premiados por Dorribo... Os teus intereses Yoli son os despachos e as procesións, logo vai co PP e co PSOE! Non quererás amigarte con Podemos para salvar a cadeira? Non cola, xa te coñecemos: serves como cidadán para opinar, pero non para confiarche cargos representativos! O teu tempo no poder xa pasou, mágoa que o gastases servíndote del e servindo ao sistema!

9 nontenavoa

Forzas rupturista???? Desde cando o PCE ou IU é unha forza rupturista? É un partido mais do pacto da Transición. E si que pacta agora con forzas rupturistas como o PP en Extremadura. Ou acaso o PP extremeño é rupturista? O falar non ten cancelas, e cando o sillón abanea, menos! A pobre nunca tal pensou

1 ErreGá

IU permite o goberno do pp en Extremadura e goberna en coalición co PSOE dos recorte en Andalucia

2 undevijo

O BNG deulle a alcaldía a caballero a cambio de duas adicacions exclusivas,as que hai que sumarlle o que cobra Santi polo consorcio do casco vello (co pp),etc...,por certo, de que vive Ana Miranda?,canto cobra por non facer nada?.C a s t a...

3 fede a raposa

IU, lease PCE, ten o mesmo de rupturista que o BNG, lease UPG. Rompen co povo que din defender para pactar cos sistemicos do PPSOE!!! E agora que estan ficando coas vergoñas ao descuberto, coa aparicion de Podemos, os do Bloque pretenden recuperar a credibilidade con asembleas abertas e osde IU con mareas, todo para pillar aos inocentes e seguir chupando co PPSOE!!! Tarde piastes vendidos!!!

4 Podremos

E dalle con Podemos! De verdade q un partido ruturista sae todos os días nas TV's espanholas? HAHAHA

5 trancas

Cando vai Pablo Iglesias a El Hormiguero? :D

6 barrancas

E ao que lle proe Podemos podia explicar as colaboracions (des)interesadas do Beneguai e La Voz. Si ho, ti xa sabes, desde a publicidade institucional do bipartito de onte e hoxe grazas a determinadas deputacions e concellos, non so a pagada do partido, ate a presenza de Pilar, Aimerich... en Via V. Que ben, oimos liberar Galiza con La Voz de su Amo! KKKKKKKK (rimos todos).

7 trancas

Queiramos ou non o LVG é o medio en papel con maior difusion na gz. É certo q se fixeron cousas mal durante o bipartito como foi dar cartos a LVG (é o q ten gobernar, q normalmente cometes erros). A V Tv vai todo o mundo (anova, eu, podemos, etc.) ten q deixar de ir o bng? Se a tvg fose un medio plural e realmente publico -e non ao servizo do pp- a fernanda tabarés non existiría (será unha estratexia do pp para facerlle un "Canal 9" á tvg para privatizala?)

8 Checa a Nosa

Beiras, morrerá, para os militantes do Partido Comunista de España, cas botas postas, como julio Anguita... Quen lle fixo as botas a medida das súas covizas electorais de substituizón do nacionalismo galego que nunca deixou sitio para os costructores da transición o o Pacto da Moncloa, a traizón euroestalinista. Triste fin para o fillo de Manuel Beiras García.

1 Independentista

O pobo galego emancipado vota a Xose Manuel Beiras o único que é quen de soster o nacionalismo galego. A UPG case deixa ao país sen nacionalistas,pero aínda queda unha esperanza.

2 anonimo

Independentista?????? Si home si. Queda a esperanza do PCE, que realmente leva loitado moito por este pais. Agora mesmo cando abren a boca non paran de dicer que non é momento de Nacionalismos. Mira ti!!! Canta razón no de "Triste fin para o fillo de Manuel Beiras García

7 Chachi piruli

Yolanda dixo en EL PAÍS o domingo que AGE non vai gobernar co PSOE porque son "da casta". Albíscase un bipartido AGE-Podemos nas principais vilas do Reino da Galiza, con PP, PSOE e BNG na oposición. Vou mercar palomitas que isto vai ser moi divertido

1 un de tantos

Podemos con AGE??? non sei non o vexo.

2 buli

Se podemos tira um bom resultado, age desaparece.E nom o queredes ver!

3 seino

AGE xa é unha "marca" amortizada. Agora mesmo resta mais do que suma.

4 seino

AGE xa é unha "marca" amortizada. Agora mesmo resta mais do que suma.