Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/08/2025 | Actualizada ás 13:03
O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, presentou a súa dimisión tras 26 anos á fronte da Alcaldía da localidade e o edil socialista Aurentino Alonso será o próximo rexedor.
En declaracións a Europa Press, Alfredo García asegurou que "chegou o momento", xa que, con 72 anos de idade, "as forzas empezan a ser menos" e ser alcalde dun municipio como O Barco "require dunha dedicación intensa".
Tal e como avanzou, xa rexistrou a renuncia e agora hai 10 días hábiles para convocar o pleno que acepte a dimisión, que se celebrará o 18 de agosto.
Alfredo García, que tamén foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), fai un balance "moi positivo" dos seus 26 anos como alcalde do Barco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.