Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2022 | Actualizada ás 13:32
Hai un problema grave de contaminación por xurros na comarca da Limia. Un problema que se agravou nos últimos anos sen que a Xunta teña feito moito por atallado. De feito, lonxe de tentar buscar solucións, os populares acusan agora ao BNG de ser o responsable desta situación.
Así, na Comisión de Agricultura da Cámara galega, o BNG demandou á Xunta que informe sobre as medidas previstas pola contaminación en augas da comarca da Limia. O seu deputado Xosé Luís Rivas cualificou as políticas do PP de "nefastas" para o rural e denunciou a "desidia" do Executivo galego respecto deste problema. "Onde está ese plan estratéxico", preguntouse o deputado socialista Martín Seco, en liña co exposto antes polo parlamentario do BNG.
Desde o PP o deputado José Antonio Armada acusou ao BNG de ser un dos "principais instigadores do problema" por "autorizar" na súa etapa de goberno no bipartito parte de explotacións. "Doce anos de somnolencia", replicoulle o deputado nacionalista sobre o goberno popular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.