O curso universitario arrinca con novas titulacións e "notable preocupación" pola económica

O reitor da USC reivindica a universidade pública como "ascensor social esencial".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O curso universitario arrincou este xoves cun acto en Fonseca, un exercicio no que o sistema galego estrea novas titulacións e que afronta con "notable preocupación" polo actual escenario económico. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, reivindicou a universidade pública como "ascensor social e esencial", mentres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, chamou a "apontoar" o sistema.

Ás portas de Fonseca, traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e grupos investigadores da USC aproveitaron para trasladar as súas protestas, ao denunciar "precariedade" nos seus postos de traballo e esixir negociar coa Xunta as súas condicións laborais.

"Será o ano para seguir avanzando cara a unha universidade máis internacionalizada, con máis prestacións", destacou Rueda, quen avogou por "apontoar" o sistema universitario nun discurso no que resaltou valores como "razón, tolerancia e europeísmo" que, segundo dixo, se atopan presentes tanto na universidade como no fenómeno Xacobeo.

Para o reitor, é preciso "garantir que a cidadanía poida alcanzar a formación e os resultados acordes coas súas capacidades, con independencia de cal sexa a súa condición social, económica ou familiar". Neste sentido, deu a benvida á Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada de Galicia, á que ofreceu "toda a colaboración institucional precisa".

O paseo da comitiva académica de profesorado togado entre os colexios de San Xerome e Fonseca pola Rúa do Franco abriu a inauguración do curso 2022/23 nas universidades galegas. Reivindicando o rol de USC, UDC e UVigo como "ascensor social esencial para conseguir unha sociedade máis igualitaria", Antonio López referiuse a novidades e retos de futuro xunto aos seus homólogos da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e da de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa.

Todos eles eran integrantes da mesa presidencial xunto a conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; así como os presidentes dos Consellos Sociais da USC e da UVigo, Cecilia Sierra Rey e Ernesto Pedrosa Silva. O acto comezou coa conferencia 'Información, comunicación e historia', a cargo do catedrático de Historia Antiga José Carlos Bermejo Barreira.

Varios estudantes nunha aula da Facultade de Matemáticas, antes de comezar un dos exames da convocatoria extraordinaria da Avaliación para o Acceso á Universidade (EvAU), na Universidade Complutense de Madrid, a 5 de xullo de 2022, en. Eduardo Parra - Europa Press
Varios estudantes nunha aula da Facultade de Matemáticas, antes de comezar un dos exames da convocatoria extraordinaria da Avaliación para o Acceso á Universidade (EvAU), na Universidade Complutense de Madrid, a 5 de xullo de 2022, en. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta