A programación de ONDA ODS chega as emisoras galegas este luns

Trátase dun proxecto que aglutina a máis de trescentas emisoras municipais e comunitarias ao longo de todo o Estado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/09/2022 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Ests luns arranca a programación de Onda ODS, un proxecto que aglutina a máis de trescentas emisoras municipais e comunitarias ao longo de todo o Estado a través do que difundir e invitar a reflexión respecto dos obxectivos de desenvolvemento sustentable recollidos polas Nacións Unidas na súa Axenda 2030.

Emisións de Onda ODS
Emisións de Onda ODS

A programación desenvolverase de forma continua ata finais de ano, cunha periodicidade e formato que variará en función das peculiaridades dos medios que aglutina cada asociación. No caso de Galicia, EMUGA-Radiofusión apostou por un espazo de dez minutos, que será emitido todos os días laborables, ás 09.00 e 21.00 horas, polas 25 emisoras asociadas.

Trátase dunha peza de produción centralizada e común para toda a xeografía galega, que irá abordando iniciativas desenvolvidas por diversos puntos da localidade. De feito, o primeiro programa, que se emitirá o luns, terá como protagonista ao Centro de Apoio ao Medio Rural A Fusquenlla, emprazado en Moeche. Unhas instalación orientadas á transformación alimentaria de produtos do agro no que pequeñas explotacións e particulares da contorna poden procesar as súas colleitas xa sexa para o autoconsumo ou para darlle saída aos excedentes.

Este será o primeiro dos trinta programas informativos contemplados como parte do proxecto Onda ODS, que se completa con pezas en outros formatos audiovisuais, coma vídeos ou podcast.  "A través deles desenvolverase unha estratexia de comunicación encamiñada a dar visibilidade -con exemplos próximos e reais- a iniciativas e persoas que traballan en prol dos valores recollidos de forma global na Axenda 2030, con especial atención a cuestións como a emerxencia climática e a preservación medioambiental, a loita contra a brecha de xénero e a discriminación, así como a revitalización do medio rural", indica Radiofusión nun comunicdo.

En Galicia, 25 radios locais e comunitarias participan deste proxecto conxunto de Radiofusión, EMA-RTV, Radio Televisió Cardedeu La Xarxa e a REMC que conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta