Familias do Villa de Pitanxo critican que Yolanda Díaz non se reúna con eles

"É moi triste que o falecemento de 21 traballadores non sexa de interese para a ministra de Traballo", din.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Familiares do Villa de Pitanxo, o pesqueiro galego afundido en febreiro a 450 quilómetros de Terra Nova (Canadá) --con 21 falecidos e tres sobreviventes--, criticaron este luns que a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, acuda o 30 de setembro a Vilagarcía de Arousa a clausurar un foro sobre condicións de traballo mentres continúa sen recibilos a eles.

A portavoz dos familiares, María José de Pazo, cualificou de "inacción", "falta de consideración" e "mesmo deixamento das súas funcións" que a vicepresidenta segunda non se reuniu coas familias do Pitanxo cando "hai un auto da Audiencia Nacional que di claramente que hai delitos graves contra a saúde e a seguridade dos traballadores".

Por iso, reiterou a súa petición de reunirse con Yolanda Díaz para que lles explique "por que as condicións dos 21 falecidos e de toda a xente dos barcos de altura non é importante para ela". "É moi triste que o falecemento de 21 traballadores non sexa de interese para a ministra de Traballo", reprochou.

Así, María José dee Pazo confirmou que xa enviaron de novo ao xefe de gabinete da vicepresidencia segunda a petición para que os reciba. "Estes 21 traballadores, as súas familias e toda a xente do mar merécense algunha acción máis que non sexa proclamando un día de loito nacional", concluíu a portavoz das familias.

A portavoz das vítimas do Villa de Pitanxo, María José do Pazo
A portavoz das vítimas do Villa de Pitanxo, María José do Pazo | Fonte: Europa Press - M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta