O BNG advirte que non apoiará os orzamentos do Estado de 2023 se aumenta o gasto militar

A formación nacionalista esixe incluír Galicia no mapa de 'autovías ferroviarias' proposto polo Executivo central.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2022 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O BNG advertiu que non apoiará os Orzamentos Xerais do Estado de 2023 se o Goberno central aumenta o gasto militar ata o 2% do PIB, xa que suporá "a detracción de recursos en política social, investimentos ou xeración de emprego". Así o sinalou ao ser preguntado este luns polos medios o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, quen demandou que ante a actual situación de crise os intereses "deben estar claros" e "teñen que ser en materia de políticas sociais e económicas e non en gasto militar".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 21 de xuño de 2022, en Madrid
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 21 de xuño de 2022, en Madrid | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press.

No ámbito social, o deputado fixo alusión ao proposto pola formación nacionalista no acordo de investidura de Pedro Sánchez, polo cal o Estado "debe cumprir" co financiamento do 50% de atención á dependencia e "non o está facendo".

Tamén lembrou a implantación dos xulgados de violencia de xénero en Santiago, Ourense e A Coruña "tal e como se comprometeu no acordo de investidura".

Estas actuacións "non serán posibles" se o Goberno persiste en aumentar o gasto militar o 2% do PIB "aproximadamente en 12 mil millóns de euros", lembrou.

Desta forma, o deputado fixo referencia ás infraestruturas de ferrocarril e lembrou que nas peticións dos actuais orzamentos, o BNG fixo "especial fincapé" na mellora das infraestruturas e dos servizos. Así, criticou que as contas de 2021 caeron un 11% en relación ás do 2018, e tachou esta acción como "inexplicable", xa que o cómputo no conxunto do Estado español aumentaron. "Galicia non pode continuar discriminada nas infraestruturas, especialmente de servizo ferroviario", demandou.

Rego reprobou que os orzamentos de 2021 e 2022 "non cumpriron" co que Galicia necesita, o cal volveu tachalo como "discriminatorio".

Con todo, remarcou que no ano 2022 "melloraron un pouco", como o avance da rede europea ferroviaria, pero remarcou que "non teñen certeza" de que se estea executando. Por ese motivo, anunciou que unha próxima iniciativa que presentará o BNG será para "saber o nivel de execución".

Como precedente desta petición sinalou que no 2021 o nivel de execución do orzamento en Galicia foi dun 67%, mentres que en Madrid foi do 184%.

Entre as actuacións que, segundo Rego, se terían que levar a cabo, atópanse a mellora da infraestrutura ferroviaria da liña Lugo-A Coruña, A Coruña-Ferrol, a rede de ancho métrico que articula todo o norte galego, a conexión entre Vigo e a fronteira portuguesa, o Corredor Atlántico e a adecuación das vías para "poder levar a cabo" as denominadas 'autovías ferroviarias'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta