Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 15:00
Ecoloxistas en Acción presenta a Guía Municipalista da Activista Climática da iniciativa Barrios por el Clima cunha serie de talleres en Lugo, A Coruña e Vigo.
"A crise climática é unha realidade e aféctanos non só a nivel global, senón tamén a un nivel localísimo. Tan local que podemos sentilo nas nosas propias carnes dentro de casa, nas nosas rúas e cidades e, desde logo, no noso entorno natural: campos, mares, ríos, montañas e natureza urbana", explica a organización ecoloxista.
Neste sentido, a Guía Municipalista da Activista Climática facilita que actuar sexa gratificante, esperanzador e que, incluso, xere lazos afectivos entre a cidadanía. Esta guía foi desenvolvida desde as experiencias de Barrios polo Clima e amosa as claves prácticas para actuar fronte á emerxencia climática a nivel municipal.
Nela reflíctense exemplos da posta en marcha de iniciativas sociais e comunitarias que constrúan e implementen prácticas e medidas para a transición ecosocial. Na xeira de talleres climáticos por Galicia (Coruña, Vigo e Lugo) participarán compañeiras ecoloxista de Barrios polo Clima que explicarán a activistas, colectivos e cidadanía interesada as claves, aprendizaxes e oportunidades para construír desde os barrios e parroquias alternativas para unha cidade máis ecolóxica.
Estes talleres terán lugar o xoves, 22 de setembro, de 18:00 a 20:00, no Centro de Artesáns na Coruña; o venres, 23 de setembro, de 17:30 a 19:00 na AULA D. en Vigo; e o sábado, 24 de setembro ás 12:00 no Centro Social A Hedreira en Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.