O candidato do PP, Rafa Domínguez, denunciou a situación de "sucidade" e "escuridade" na cidade, na que "resoa a labazada do Tribunal Supremo a Lores por toda a ría"
  comenta   0
O Concello de Manzaneda pode presumir de ter un dos entroidos máis senlleiros da península e de Europa grazas ao seu carácter ancestral e ás singulares danzas rotacionais das Mázcaras, personaxes principais do seu Fulión. Dende hai un mes a xente ‘anda ao Fulión’ polas aldeas e o 21 de febreiro o concello organiza un desfile polas rúas de Manzaneda.
  comenta   0
Antes da chegada de Ence, Lourizán era unha das parroquias máis prósperas de toda Galicia. Un turismo de moi alto nivel e un próspero sector do marisqueo facían de Lourizán un dos lugares máis desexados da costa galega. Un turismo e unha economía que tiña futuro ata a chegada da papeleira á ría.
A Xunta preve conter a couza guatemalteca da pataca en dous anos.
  comenta   0
Paula Prado dálle "un sobresaliente" polo seu traballo cos veciños e se reserva "a matrícula de honra" para cando gañe os comicios.
A Xunta levantou a prohibición, que estaba activa para evitar a expansión da polilla guatemalteca que afecta ao tubérculo.
A plataforma "asieolicosnon" denuncia que non recibiron información sobre o informe positivo da Declaración de Impacto Ambiental (DIA).
  comenta   0
Compareceu este xoves para abordar o atraso da firma do futuro contrato de residuos da cidade que, ao seu xuízo, pon de manifesto a "clara e absoluta insolvencia" e a "incapacidade" dun goberno local que está "esgotado".
  comenta   0
As exencións fiscais que existen en Galicia aos impostos de sucesións e doazóns e ao de transmisións patrimoniais supuxeron en 2021 unha baixada da recadación de 192 millóns de euros para a Administración autonómica.
  comenta   0
Lugo, A Coruña e Vigo acollerán talleres para presentar claves prácticas para facer fronte á emerxencia no plano local.
  comenta   0
Becerreá e Vigo súmanse á lista de concellos que recomendan un uso responsable e "racional" da auga. Os encoros continúan perdendo e sitúanse ao 51,7% da súa capacidade.
  comenta   0
Stop Eólicos Xurés-Celanova denuncia a tentativa da empresa ACS de erixir un parque fragmentado de forma irregular.
  comenta   0
O alcalde di que este municipio de 1.000 veciños rexistra consumos de 300.000 litros de noite. "É unha animalada", asegura.
  comenta   0
Súmase a Ferreira de Pantón, Castro de Rei, Ribas do Sil ou Taboada que xa impuxeron restricións no consumo de auga.
Están controlados os de Castrelo de Miño e Oímbra (Ourense), que calcina unhas 200 e 25 hectáreas, respectivamente.
Navia de Suarna, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz teñen xa denominación de viño propia
  comenta   0
Arden a mítica aldea do Vilar no Courel, a de Alixo no Barco e a de Río de Bois. Casas desaloxadas en varios núcleos.
  comenta   0
Coñecemos a "Olimpíada Rural da Broa", que naceu no ano 2017 grazas á colaboración de varias asociacións veciñais e o apoio do Concello da Merca. Trátase, dinos José Manuel Taín, dunha "actividade dinamizadora do rural na que ademais se fomentan hábitos de vida saudable e a unión da xuventude das distintas parroquias do lugar".
  comenta   1
As titiriteiras lusas de Teatro e Marionetas de Mandrágora e a artista transalpina Irene Vecchia formarán parte dunha programación que volverá apostar pola creación de públicos, os espectáculos de rúa e a descentralización polas parroquias do municipio.
  comenta   0
Extinguidos os dous incendios de Baltar que afectaron a 45 hectáreas afectadas e que se suman aos de Entrimo e Calvos de Randín.
  comenta   0
A Plataforma Interior Galego Vivo convoca unha asemblea para darse forma legal de cara ás municipais de 2023. No seu programa estará a defensa das comunicacións rurais e a crítica dos parques eólicos.
San Xoán de Río protagonista dunha ampla reportaxe en “The Wall Street Journal” sobre a desertización do mundo rural. A residencia de maiores é o principal motor económico do concello.
  comenta   2