Santiago e Teo estudan ampliar ata Cacheiras a liña de bus urbano que agora chega aos Tilos

A ampliación de esta ruta permitiría conectar a capital galega con preto de 9.000 persoas que viven nestas parroquias lindeiras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2023 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Os gobernos locais de Santiago de Compostela e de Teo estudan a posibilidade de ampliar a actual liña de autobús urbano entre Santiago e Os Tilos ata a rotonda do Gadis, en Cacheiras. As alcaldesas dos dous municipios, Goretti Sanmartín e Lucía Calvo, mantiveron esta semana un encontro, acompañadas dos concelleiros de Mobilidade dos respectivos concellos, Xan Duro e Teresa Castro, para explorar vías conxuntas de colaboración en materia de transporte.

Para a rexedora de Teo, a ampliación desta ruta permitiría conectar a capital galega con preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e Cacheiras que se desprazan principalmente por motivos laborais ou de formación académica. Por iso, Lucía Calvo considera que esta proposta "pretende conectar o máximo de usuarios posible e aliviar o tráfico rodado cara a Santiago, o que tamén presenta vantaxes con respecto ao medio ambiente".

Pola súa banda, Goretti Sanmartín asegurou que a posibilidade da ampliación desta ruta será estudada polos servizos municipais para garantir a súa viabilidade. Unha vez realizado ese estudo, a alcaldesa explicou que volverán mirala "de maneira conxunta" nunha segunda reunión e despois reunirán a unha comisión de seguimento do convenio.

Lembrou tamén que o convenio subscrito polos dous concellos e a Xunta de Galicia sobre a actual liña de transporte urbano que chega ata Os Tilos conclúe en outubro de 2024, polo que "parece bastante lóxico que unha vez que se chega ao seu parte final estúdese se en algo se pode mellorar". Ademais, Sanmartín tamén coincidiu coa alcaldesa de Teo en que, a parte de dar servizo a máis usuarios, ampliar esta liña suporía "promover a redución do coche a nivel individual e o fomento do transporte colectivo".

A alcaldesa de Santiago e a alcaldesa de Teo manteñen unha reunión
A alcaldesa de Santiago e a alcaldesa de Teo manteñen unha reunión | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta