Morre un home en Aranga despois de envorcar o seu tractor

Aínda que o acceso ao condutor era posible, --non se utilizaron os recursos de excarceración-- comprobaron que a persoa estaba xa falecida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Un home faleceu este xoves no municipio coruñés de Aranga tras sufrir un accidente co seu tractor. O vehículo envorcou e caeu por un desnivel no lugar de Mende.

Segundo informa o 112, sobre as 11,00 horas recibiron o aviso do 061 que, ao chegar ao lugar, atoparon o tractor envorcado nunha leira. Aínda que o acceso ao condutor era posible, --non se utilizaron os recursos de excarceración-- comprobaron que a persoa estaba xa falecida.

Igualmente pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES de Curtis.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta