As pernoctacións hoteleiras superan as cifras prepandemia tamén en agosto

Son un 6,3% máis que as rexistradas o mesmo mes de 2021

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

As pernoctacións hoteleiras en Galicia volveron a superar os niveis precovid ao alcanzar 1.614.350 o pasado mes de agosto, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esas pernoctacións correspóndense maioritariamente con persoas residentes en España (1.324.693), mentres que os residentes no estranxeiro realizaron os 289.657 restantes. Son, en concreto, un 6,3% máis que as rexistradas en agosto de 2021, e algunhas máis que as 1.561.584 que se anotou Galicia nese mes de 2019.

Mentres, a tarifa media diaria situouse en 83,89 euros, o que supón un incremento do 5,73%, e os ingresos por habitación dispoñible en 59,98 euros, un 8,7% máis.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, as pernoctaciones hoteleiras en España tamén se situaron por encima dos datos de antes da pandemia e situáronse en 46,2 millóns, sumándose tamén as cifras de Xullo. Os datos feitos públicos este venres polo INE mostran que as pernoctacións incrementáronse en agosto nun 34,3% respecto ao mesmo mes de 2021, cando se rexistraron un total de 34,4 millóns.

Pernoctacións hoteleiras en agosto en Galicia. EPDATA
Pernoctacións hoteleiras en agosto en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta