O Goberno e a Xunta acordan a cesión a Galicia do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros

Por E.P. | MADRID | 26/09/2022 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

A Comisión Mixta de Transferencias Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia acordou este luns a cesión á Xunta de Galicia do rendemento do Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos con efectos desde o 1 de xaneiro de 2023.

Trátase do primeiro acordo con Galicia dos últimos trece anos, xa que a Comisión Mixta de Transferencias con esta comunidade levaba sen reunirse desde o ano 2009.

Desta maneira, o Goberno remitirá ás Cortes Xerais o anteproxecto de lei de modificación da Lei 17/2010, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións de dita cesión.

"O Goberno reafirma o seu compromiso de diálogo permanente e cooperación institucional con todas as comunidades autónomas", asegurou o secretario de Estado de Política Territorial, Alfredo González. A Xunta estivo encabezada polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde.

A 21 campaña de Vaipolorío culmina coa retirada de 655 quilos de residuos do río Gafos en Pontevedra
A 21 campaña de Vaipolorío culmina coa retirada de 655 quilos de residuos do río Gafos en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta